O vindeiro día 22 de novembro o Centro Cultural “Manuel Lamazares” acollerá a obra A Cabaleira, da compañía Medievándalos. Esta obra é unha proposta teatral para abordar entre as crianzas de 6 a 12 anos a igualdade entre homes e mulleres e encádrase na programación do Concello de Rodeiro para conmemorar o 25 de novembro, Día para a eliminación da violencia contra as mulleres.
A hora da actuación é as 10:30h. e en cooperación co CPI de Rodeiro acudirán a vela todo o alumnado de primaria do centro escolar.