Este concurso, que se desenvolve dende o ano 2011, é unha das actividades que se promoven dende o concello para sensibilizar á cidadanía en contra da violencia de xénero, así como dar visibilidade á problemática.
Invitamos a participar a todos aqueles veciños e veciñas que o desexen, tanto de forma individual como grupal e, moi especialmente, ás asociacións e colectivos sociais do Concello. Trátase de reflexionar sobre esta grave problemática e amosar o noso total apoio ás vítimas como institución e como sociedade.
Para a creación dos carteis só se establecen 3 pautas:
O seu tamaño máximo será en A3.
A idea que transmita busque loitar pola igualdade e rexeitar a violencia contra as mulleres.
A autoría do cartel non poderá quedar reflexada no mesmo para promover a obxectividade do xurado.
Os carteis poderán entregarse ata o mércores 23 de novembro ás 14:00 h. no servizo de educación familiar do Concello. Tfno. 986790185. E-mail: educadora@rodeiro.gal.
Animamos á participación nesta actividade, que terá como premio para o gañador/a a realización dunha campaña de sensibilización contra a violencia de xénero no ano 2016, tal e como estamos a preparar co cartel gañador da anterior edición.
O 25 de novembro presentaranse os carteis ao público e elixirase o gañador/a a través dun xurado.