Coma en anos anteriores, o Concello de Rodeiro desexa colaborar activamente na difusión do Programa “Vacacións en Paz 2017”. Este é un proxecto de acollida temporal que ofrece ás familias saharauís a posibilidade de que os seus fillos e as súas fillas gocen dunha estancia agradable, humana e culturalmente rica, baixo a supervisión e coidados das familias acolledoras galegas, durante os meses de xullo e agosto; o cal permite que estes menores poidan disfrutar do verán sen pasar polas altas temperaturas do deserto onde se sitúan os campamentos de refuxiados e recibindo a atención sanitaria adecuada.
Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) é quen densenvolve o programa en Galicia, comunidade que participa nel dende o ano 1991.
Informamos que está aberto o prazo de solicitude das familias que desexen ser acolledoras nos vindeiros meses de xullo e agosto de 2017 dun pequeno ou pequena saharauí.
Para recibir calquera información, sen compromiso, sobre como converterse en familia acolledora para o vindeiro ano 2017, requisitos, documentación, contacto coa asociación,etc., poden achegarse ao departamento de Servizos Sociais do Concello de Rodeiro.