Un conto musical

Por 27 Xullo, 2022 Novas

O Concello de Rodeiro organiza unha actividade cultural o vindeiro día 29 de xullo ás 20:00 horas na Praza do Concello. Batucado y Emusin levará a cabo un unha sesión de contos e música baixo o título “Un conto musical”. Este espectáculo pretende ser un obradoiro dinámico onde ofrecer a posibilidade de explorar a música con todos os sentidos, utilizando como fío condutor os xogos, os contos, as danzas e as producións sonoras e verbais.
Esta actividade está deseñada para todos os públicos, pero en especial para o público infantil e xuvenil.

Esta actividade forma parte do Programa Ler conta moito 2022, organizado polo Concello de Rodeiro e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.