O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural o vindeiro día 29 de xullo ás 23.00 horas na Avda. Gumersindo Areán.
Esta actividade forma parte do Programa Musigal 2022, organizado polo Concello de Rodeiro e a Deputación Provincial de Pontevedra. Este programa ponse en marcha para contribuír á difusión e á promoción da música galega e en galego nos concellos da provincia de Pontevedra e fomentar o uso e a normalización social da lingua galega e a defensa dos valores da igualdade de xénero.