Será un concerto realizado por instrumentos de vento metal (trompetas, trompas, trombóns, bombardino e tubas).
Un total de 10 músicos realizarán un concerto cun repertorio variado e ameno para todos os públicos.
Grazas á Asociación Cultural Merzabrass que tivo en conta ao noso concello para executar o proxecto “Camiños de Ferro”.
Grazas tamén á Xunta que financiou este proxecto a través do programa O Teu Xacobeo