Skip to main content
Novas

TES+BUS

By 1 Xaneiro, 1970No Comments

Doce concellos rurais poderán usar o transporte escolar TES+BUS. A partir do luns 19 de marzo os cidadáns de 12 concellos rurais de Galicia poderán utilizar as liñas de transporte escolar.
Este programa experimental de transporte escolar compartido, denominado TES+BUS e impulsado polas consellerías de Política Territorial e Educación, mellorará a mobilidade en zonas rurais cunha escasa presenza de servizos de transporte público concesional.
Os adultos poderán utilizar o bus escolar ata a fin do curso sempre que existan prazas libres e por un importe único dun euro.
O transporte escolar non variará de horario e primaranse as súas necesidades sobre as do resto de usuarios.
As paradas serán en Riobo, Ourin, Barrio, Couso, Barregallos, Carboentes, Baroncelle, Faram, C. de Seta, Toiriz, Cuñarro, Mourigas, Vilamea, Negrelos, Barbeitos, Penerbosa, Penela, Pedroso, Coto, Rubias, Curroliñoo, Quinta, Suime, Adelán, Arcas, Guillar, Outeiro, Hermida, Fondevila, Failde, Casares, Granxa, Alemparte, Mesón, Calque, Río, Xavalde, Bagarelas, Melide, Santas, Cantelle, Vilela, Santa Eulalia, Santa Baia, Loureiro, Trasulfe, Fafian, Alceme, Paredes, Rañestras, Campo, Lamas, Portela, Perros, Pescoso, Vistuide, Mamuelas, Saa e Cristimil.

Leave a Reply