A Xunta de Goberno Local de Rodeiro decidiu asignar 9.200 euros ás diferentes asociación e entidades sen ánimo de lucro que operan no municipio. As cantidades asignadas a cada unha correspóndense aos gastos contraídos no 2006.
Durante o ano pasado non se inscribíu ningunha asociación no rexistro de Rodeiro. Unha das agrupacións que máis actividades desenvolveu e que máis cartos recibíu durante o 2006 como axuda do 2005, a Asociación de veciños de Río, non solicitou ningunha achega. A distribución das contías fixose en base ás actividades deportivas e culturais levadas a cabo durante o 2006 e en función das facturas xustificativas presentadas.
ENTIDADE SOLICITANTE IMPORTE SUBVENCIÓN
Clube de montaña “Monte Faro-Camba” 586,40 €
Sociedade Deportiva de Caza e Pesca 1.080,00 €
Sociedade Deportiva Clube de Fútbol 2.533,60 €
Asociación de Mulleres “Terras de Camba” 611,59 €
Asociación de Mulleres “Virxen do Faro” 989,10 €
Asociación de veciños “O Rendal” 872,32 €
ANPA “Julio Lois” 938,76 €
Asociación de Cabaleiros do Faro 1.006,46 €
Asociación Cultural “Santa Baia de Camba” 554,24 €