O Día de Rosalía de Castro converteuse nos últimos anos nunha das datas máis importantes do calendario cultural galego. Neste ano 2022 a data do seu nacemento trasladouse ao día 23 de febreiro, logo de comprobarse como data real, en substitución do día 24 no que se viña celebrando.
O Concello de Rodeiro sumouse a esta celebración como vén facendo durante moitos anos, cunha doble xornada propia onde se organizaron dúas actividades.
A primeira tivo lugar o martes 22 de febreiro ás 18.00 horas no Centro Cultural Municipal. A compañía Trémola Teatro presentou unha sesión de contacontos que tivo por título A miña historia, no que, dunha forma lúdica, os nenos/as achegáronse a unha das grandes escritoras da literatura do século XIX, gran figura do Rexurdimento Galego e precursora do feminismo en Galicia.
A segunda actividade celebrouse o mércores 23 de febreiro ás 18.00 horas no Centro Cultural Municipal, onde se proxectou un documental sobre a vida e obra de Rosalía de Castro. Todos os participantes neste acto recibiron un agasallo polo feito de asistir, consistente nunha taza coa figura de Rosalía de Castro. Neste mesmo acto tamén se aproveitou para a entrega de premios e diplomas do concurso de postais de Nadal.
Manifesto da AELG no Día de Rosalía de Castro