Skip to main content
Novas

Concurso de postais navideñas

By 28 Febreiro, 2022No Comments

A Concellería de Cultura do Concello de Rodeiro, co propósito de conmemorar o Nadal 2021, convocou o XVI Concurso infantil e xuvenil de postais navideñas do Concello de Rodeiro.

Participaron nenos e mozos empadroados no Concello de Rodeiro con idade igual ou inferior aos 18 anos. Este concurso, como en anos anteriores, contou cunha ampla participación de rapaces e rapazas en idade escolar.

Concedéronse tres premios en cada unha das categorías establecidas. Na valoración dos traballos tívose en conta a calidade e a orixinalidade con carácter preferente. Os premios consistirán en lotes de libros e/ou material educativo a adquirir polo premiado en establecementos de Rodeiro, coa seguinte contía económica :

CATEGORÍA I

– Primeiro premio: 50 €

– Segundo premio: 35 €

– Terceiro premio: 20 €

CATEGORÍA II

– Primeiro premio: 50 €

– Segundo premio: 35 €

– Terceiro premio: 20 €

CATEGORÍA III

– Primeiro premio: 50 €

– Segundo premio: 35 €

– Terceiro premio: 20 €

Non obstante, todos os participantes recibiron un diploma pola súa contribución ao concurso. Os premios e diplomas foron entregados nun acto público organizado polo Concello de Rodeiro o día 23 de febreiro, coincidente coa celebración do Día de Rosalía de Castro.

Acordouse conceder os seguintes premios:

 

PRIMEIRA CATEGORÍA: ATA 5 ANOS

1º premio                    CANDELA GARCÍA DOSIL

2º premio                    CLAUDIA FERNÁNDEZ AREÁN

3º premio                    LEÓN SÁNCHEZ TABOADA

SEGUNDA CATEGORÍA: ATA 9 ANOS

1º premio                    ÁNGELA FAÍLDE FAFIÁN

2º premio                   XIANA ALARCÓN POSE

3º premio                       SARA VALLADARES GAMALLO

TERCEIRA CATEGORÍA: ATA 18 ANOS

1º premio                       NANCY SOBRADO VÁZQUEZ

2º premio                       KARINA DE ALMEIDA DIÉGUEZ

3º premio                       —