Dentro das actividades que organizamos dende o Concello de Rodeiro para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, está o contacontos que a compañía Trémola Teatro presentará o vindeiro luns 7 de marzo ás 18:00h. no Centro Cultural Municipal e que leva por título “Dúas nenas moi moi valentes”.
Este contacontos para nenos e nenas dende os 3 anos relata a historia de dúas que nenas que, nunha festa de pixamas, descobren un libro secreto cheo de historias fascinantes con mulleres como protagonistas.
Esta actuación finánciase con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a violencia de xénero, ao abeiro das medidas recollidas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.