A través do Instituto de Seguridade e Saúde laboral de Galicia (ISSGA) vaise realizar en Rodeiro a seguinte actividade fomativa:
Descrición da formación: “Taller práctico de formación en materia de prevención de riscos laborais nas explotacións de gando vacún”
Data: 26 de xuño de 2015
Hora: de 10.30h a 14.30h
Lugar: Casa Escola de Santa Baia
Persoas destinatarias: traballador@s maiores de idade ocupad@s ou desempregad@s do sector primario
Prazo de solicitude: ata o 19 de xuño
Prezo: gratuíto
As persoas interesadas poderán obter máis información na páxina web do ISSGA (http://issga.xunta.es/portal/contido/actividade/GANDO.html) ou no seu teléfono 981 551 704.
Aquelas persoas que o precisen poderán contar co apoio do persoal do Concello para cubrir e enviar a solicitude de participación.
Ao remate do curso expedirase un diploma acreditativo da formación recibida.
Solicitude para o taller de prevención de riscos laborais