Skip to main content
Novas

Solemne sesión constitutiva da Corporación e elección de alcalde

By 10 Xuño, 2015No Comments

O vindeiro sábado día 13 de xuño, ás 18:30 horas da tarde, celebrarase no Salón de Sesións da Casa do Concello a solemne sesión constitutiva da nova Corporación municipal elixida nas Eleccións Locais do pasado día 24 de maio. Nesa sesión xurarán ou prometerán os seus cargos os concelleiros electos e procederase a efectuar a votación para a elección do alcalde do Concello para o mandato 2015-2019.

 

Todos os veciños interesados están invitados a acudir como público a dito acto.