No día de onte celebrouse no Salón de Sesións da Casa do Concello a última sesión da lexislatura 2011-2015, ao único obxecto de someter a aprobación os borradores das actas das sesións anteriores. Ao remate da sesión, o Sr. alcalde en funcións Luís López Diéguez entregou aos dous concelleiros que non repiten mandato, Don José Luís Camiñas Vázquez e Don Manuel García Deza, no nome do Concello, un obsequio en recordo e agradecemento polo desempeño das súas funcións como concelleiros durante os últimos oito e doce anos respectivamente.