Skip to main content
Novas

Subvencións para actividades culturais e deportivas 2020

By 18 Xaneiro, 2021Marzo 1st, 2021No Comments

No Boletín Oficial da Provincia núm. 10, correspondente ao día 18 de xaneiro, publicouse o anuncio da convocatoria das subvencións para actividades culturais e para actividades deportivas realizadas no 2020. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente de xeito electrónico a través da sede electrónica do Concello (https://rodeiro.sedelectronica.gal) utilizando o trámite “instancia xeral”, á que achegarán os formularios oficiais que se poden descargar no enlace anexo. Lémbrase que se debe presentar unha solicitude individualizada de cada unha das actividades para as que se soliciten subvención.

O prazo de presentación das solicitudes e da súa xustificación remata o día 1 marzo de 2021.

Modelo de solicitude de subvencions actividades culturais e deportivas 2020 (pdf)

BOP Convocatoria actividades culturais: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/01/18/2021001310

BOP Convocatoria actividades deportivas: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/01/18/2021001295