O Pleno do Concello, na sesión celebrada o día 28/11/17, acordou modificar a Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), introducindo unha bonificación potestativa do 95 % da cota íntegra do imposto para os inmobles no que se desenvolvan actividades agrícolas, gandeiras e forestais e que cumpran os requisitos establecidos na modificación da Ordenanza aprobada. O texto definitivo da Ordenanza foi publicado no BOP núm. 29, correspondente ao día 9 de febreiro de 2018, que se contén como Anexo á presente.
O modelo normalizado de solicitude para o ano 2021 foi aprobado por resolución da alcaldía de data 19/01/2021, e contense asemade como Anexo a esta nova.
A utilización do dito modelo normalizado é obrigatorio para a solicitude da bonificación.
A solicitude no modelo normalizado deberá presentarse no Rexistro do Concello ou ben por calquera outro medio admitido legalmente. No suposto de utilizar a sede electrónica do Concello, este modelo deberá presentarse debidamente asinado achegándolle a documentación preceptiva, a través do procedemento “Solicitude de Bonificación ou Exención dun Tributo“.
O prazo de presentación de solicitudes remata o día 31 de marzo de 2021.