Unha vez finalizado o prazo de votación para elixir o cartel gañador deste ano 2020, temos o pracer de anunciar que o Cartel gañador da X edición é o número 12, con 33 votos de un total de 117 votos emitidos, e a súa autoría corresponde aos Grupos de danza de Rodeiro da Asociación Sociocultural Maisquedanza.
Este cartel será a imaxe da campaña de sensibilización contra a violencia de xénero que se realizará a nivel municipal no ano 2021.
Agradecemos a alta participación deste ano tanto na presentación de carteis coma na votación para a elección do gañador.