No Boletín Oficial da Provincia núm. 222, correspondente ao día de hoxe, figura publicado o anuncio de convocatoria das subvencións para actividades culturais e para actividades deportivas correspondentes ao ano 2013. O prazo de presentación de solicitudes, e de xustificación no seu caso, remata o día 30 de decembro de 2013.
Para as actividades realizadas ata o día 30 de novembro do corrente, as asociacións presentarán, xunto coas solicitudes, as correspondentes contas xustificativas e a documentación que se esixe no artigo 12 da ordenanza reguladora. Para actividades a realizar no mes de decembro de 2013, abondará coa presentación das solicitudes, sen prexuízo da súa posterior xustificación, de seren beneficiarios de subvención, con anterioridade ao día 1 de febreiro de 2014.
As asociacións solicitantes das subvencións deberán utilizar os modelos oficiais de solicitude e de conta xustificativa que se poden descargar no enlace anexo. Lémbrase que se debe presentar una solicitude individualizada por cada unha das actividades para as que se soliciten subvención.