O Concello de Rodeiro abre de novo o prazo de matrícula para o curso de preparación das probas libres para obter o título de ESO.
As clases serán dous días por semana en horario de tarde-noite, adaptándose ás necesidades dos asistentes. O grupo de traballo será reducido, con un máximo de 10 participantes. A metodoloxía centrarase na atención individualizada e na educación de adultos.
Dado os resultados satisfactorios de anos anteriores, animamos a aqueles mozos e mozas que abandonaron prematuramente os estudos a que participen, xa que é unha gran oportunidade para obter o título de ESO ou acceder a un ciclo medio.
O período de matrícula abrangue do día 19 ao 26 de novembro.
O 26 de novembro celebrarase unha reunión informativa no Centro Cultural “Manuel Lamazares” ás 20:30 h.
As persoas interesadas poden acudir ao Servizo de Educación Familiar Municipal.
Para máis información: educadora@rodeiro.gal, tfno.: 986790185.