Skip to main content
Novas

Exposición ó público das listas do censo electoral

By 1 Xaneiro, 1970No Comments

Lémbrase a todos os veciños do concello que entre os días 21 e 28 de xaneiro, ambos inclusive, estará aberto no concello o servizo de consulta do censo electoral para as vindeiras eleccións xerais do día 9 de marzo de 2008.

Durante dito prazo poderanse formular reclamacións contra a inclusión ou exclusión no censo electoral. as consultas e reclamacións, no seu caso, deberán facerse persoalmente na secretaría do concello e deberase achegar fotocopia do dni ou documento equivalente que inclúa fotografía (pasaporte, permiso de conducir, etc.)

Recoméndase a todos os veciños (de xeito especial aos que exercen por primeira vez o seu dereito de voto neste concello, aos que cambiaran de domicilio nos últimos meses e aos que non reciban a tarxeta censal) que comproben a súa inscrición no concello, ao obxecto de que poidan votar nas eleccións do día 9 de marzo.

Leave a Reply