No Boletín Oficial da Provincia núm. 185, correspondente ao día de hoxe 24 de setembro de 2020, figura publicado un edicto deste Concello referente á provisión do cargo de xuíz/a de paz titular deste municipio. Calquera persoa interesada, que cumpra os requisitos legalmente establecidos, poderá presentar a súa solicitude, acompañada dos documentos que se sinalan no edicto adxunto, ata o día 26 de outubro do corrente. Corresponderá ao Pleno do Concello, entre os/as candidatos/as solicitantes, efectuar a proposta de nomeamento ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.