O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo de Fran Campos, dde Hermanager Producións, o vindeiro luns 5 de outubro ás 15:00 horas na Casa da Cultura. Presenta a súa sesión de contos tradicionais “Filipa cos contos”.
“FILIPA COS CONTOS
Sesión de contos tradicionais, populares e inventados. Con música e cancións en directo para contar e cantar.
Conta con dous narradores: un actor e contador, Fran, e un monicreque que manexa o propio actor: Filipa. Entre os dous vanse repartindo as historias, relacionándose entre eles e ó mesmo tempo co público.
A música en directo, as cancións, os contos cantados… animan á participación do público. Unha mestura que vai acadando a atención dun público familiar. Sesión “filipante” de contos para toda a familia: historias tradicionais, contos populares, contos de autoras e autores galegos, contos inventados, cancións e música en directo, humor… e moita participación do público. Unha sesión de narración oral entre os dous contadores que se suben a escena: Fran e a súa amiga Filipa”. Un espectáculo recomendado para todos os públicos.
Esta actividade pertence ao Programa Cultura no camiño 2020 organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Rodeiro e pola AGADIC da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.