Novas

Ruta Cambota – Offroad track GPS

By 10 Abril, 2026No Comments

Data: Domingo, 26 de abril de 2026

Lugar  Rodeiro (Praza do Concello)

A Ruta Cambota é unha proba offroad con seguimento mediante GPS, dirixida a afeccionados ao enduro, trail e quad, que combina deporte, natureza e convivencia.

HORARIO:

  • 08:00h: Verificacions administrativas (entrega de documentación, seguro), entrega de  dorsais, detalle participación e almorzo).
  • 09: 00h: Saída das rutas
  • 15: 00 h: Xantar en Casa Sánchez

MODALIDADES E PERCORRIDOS:

  • Enduro: (nivel medio alto)

Percorrido de aproximadamente 100 km

Discorre polos concellos de Rodeiro, Dozón e Piñor

  • Trail (nivel medio)

Percorrido de aproximadamente 85 km

Discorre polo Concello de Rodeiro

  • Quad (nivel medio)

Percorrido de aproximadamente 85 km

Discorre polo Concello de Rodeiro

TODAS AS RUTAS CONTAN CON:

  • Track GPS
  • Acompañamento de participantes locais
  • Asistencia durante o percorrido

XANTAR

Hora: 15:00 h

Lugar: Casa Sánchez

Menú:

Entrante, chuletón tenreira galega, patacas, ensalada, sobremesa, produto lácteo e café

Durante o xantar realizaranse sorteos entre os participantes

Posibilidade de asistir só ao xantar sen participar na ruta

INSCRICIÓN+PAGAMENTO:

Aberto ata o 21 de abril de 2026

SOLICITUDE RutaCambota (pdf)

Share
1 / ?