Novas

Campaña de recollida plástico agrícola: Asperelo-Carboentes-Álceme

By 10 Abril, 2026No Comments

O Concello de Rodeiro informa da realización dunha nova campaña de recollida de plástico agrícola, co obxectivo de facilitar unha xestión correcta dos residuos procedentes das explotacións.

A recollida inclúe exclusivamente plásticos de silo e de invernadoiro, que deberán depositarse limpos e atados nos puntos habilitados.

 Datas

  • Depósito dos plásticos: días 13 e 14 de abril.
  • Recollida efectiva: día 15 de abril.

Lugares habilitados

  • Campo da festa de Asperelo (parroquias de San Paio de Senra e San Martiño de Asperelo).
  • Campo da festa de Carboentes (parroquias de Arnego e Carboentes).
  • Campo da festa de Álceme (parroquia de Álceme).

Normas importantes

  • Só se recollen plásticos de silo e de invernadoiro.
  • Non se recollen garrafas, big bags, cordeis, restos de poda nin ningún outro tipo de residuo.
  • Non depositar plásticos fóra das datas indicadas.
  • Lémbrase que non está permitido depositar plástico agrícola nin no contedor verde nin no amarelo.
Share
1 / ?