Novas

Convocatoria de becas e axudas ao estudo do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes para o curso 2026/2027 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios

By 8 Abril, 2026No Comments

Ata o vindeiro o 18 de maio está aberto o prazo para a tramitación das becas xerais do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes e do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, destinadas a aqueles estudantes de niveis postobrigatorios: formación profesional, bacharelato, ensinanzas artísticas e deportivas, escolas oficiais de idiomas e estudos universitarios, entre outros.
Como é lóxico, neste mes aínda non sabes con certeza que vas a estudar para o curso que ven, pero póñense os estudos máis probables e despois en setembro poderanse cambiar. O importante agora é facer a solicitude.

A tramitación da beca realízase a través de formulario on-line no seguinte enlace:

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

Nesta web atópase, ademais, toda a información necesaria sobre tipos de becas, contías e requisitos de acceso.
Para recibir máis información, consultar dúbidas ou recibir axuda para a tramitación estamos á vosa disposición no servizo de educación familiar do concello. Contacto: educadora@rodeiro.gal ou no tlf. 986790009.

Share
1 / ?