O Domingo, 5 de xullo, partirá dende a praza do Concello de Rodeiro un autobús ás 8:15 da mañá cara a praia fluvial de Vilatuxe: Pozo do Boi, onde partirá a ruta a Grovas. Existen dous niveis, un de 7km de dificultade baixa (Bustelos-Alto da Penadoira) e outro de dificultade media de 15km (Pozo do Boi-Alto da Penadoira).
Todos aqueles que queiran participar deben apuntarse na Casa da Cultura.
Actividade incluída dentro do programa Concellos Saudables.