O alcalde, os concelleiros e os traballadores do Concello de Rodeiro queren manifestar o seu máis fondo pesar pola tráxica e inesperada noticia do falecemento de Don Jesús Areán García, director dende hai moitos anos do Colexio Público Integrado (CPI) de Rodeiro, e desexan transmitir o seu pésame e condolencia á dona, aos fillos e familiares do finado, así como a toda a comunidade educativa do CPI.
Dáse a circunstancia de que o seu fillo Pablo Areán traballa actualmente no Concello, desempeñando o posto de traballo de arquitecto, e outro dos fillos Marcos Areán tamén foi traballador municipal en pasadas datas.