Unha vez tomada coñecemento polo Pleno do Concello, na sesión celebrada o día 29 de xuño do corrente, da renuncia de Don Manuel Norberto Salgado González como alcalde do Concello, o Sr. alcalde en funcións Don José Benito Vence Deza convocou a sesión extraordinaria para a elección de novo alcalde a celebrar o vindeiro día 4 de xullo (sábado), ás 12,30 horas da mañá, no salón de sesións da Casa do Concello.