Durante toda a xornada de onte desenvolvéronse obradoiros para traballar os roles e os estereotipos de xénero co alumnado de 1º e 2º de ESO e alumnado de 6º de primaria do CPI de Rodeiro, así coma tamén co grupo de proxenitores.
Aproveitando que contamos coa exposición da Deputación de Pontevedra Rompe, xoga en igualdade, programáronse dende a Concellería de igualdade obradoiros impartidos por Noelia Rodríguez, educadora social epxerta en igualdade de xénero, financiados a través dos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de xénero. Neles traballáronse os diferentes roles e estereotipos de xénero que cremos preciso visibilizar para podelos modificar a través do traballo conxunto comunidade-escola-familia.
Agradecemos a colaboración do CPi de Rodeiro e do profesorado e nais que participaron nos mesmos.