
O verán que sempre vas lembrar
Tódolos rapaces e rapazas, mozos e mozas de entre 9 e 17 anos poderán apuntarse aos campamentos de verán. Son unha forma divertida e diferente de pasar as vacacións,
ademais de ser un recurso de conciliación da vida familiar e laboral.
As quendas son de entre unha semana e doce días de duración nos meses de xullo, agosto e setembro.
Podes escoller o campamento que prefiras en función da túa idade e das actividades que nel se oferten (náuticas, multiaventura, artes…). Cada campamento desenvolverá
actividades moi distintas, como poden ser: piragüismo, kaiak, vela, teatro, cine, hípica e sendeirismo entre outras moitas.
Ofértanse tamén actividades fóra de Galicia: Álava, Cantabria, Estremadura, Castela e León, Madrid, Castela- A Mancha e A Rioxa.
Ademais, para a mocidade maior de 17 anos hai campos de voluntariado, tanto en Galicia coma noutras comunidades autónomas ou no estranxeiro.
Os prezos varían entre os 117,36 € e os 340 €, con descontos do 50% para familias numerosas e monoparentais e do 25% para usuarios/as do carné xove. Entre as solicitudes presentadas sortearanse 100 prazas gratuítas.
Para a tramitación será necesario o DNI e/ou Libro de Familia e tarxeta sanitaria.
Información sobre as actividades ofertadas e tramitación das solicitudes no seguinte enlace:
http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran
Tamén poderán achegarse ao Servizo de Educación Familiar do Concello de Rodeiro.
O prazo remata o día 2 de maio de 2023.