Skip to main content
Novas

Rompe, xoga en igualdade: obradoiro para nais e pais

By 17 Abril, 2023Abril 21st, 2023No Comments

Mañá 18 de abril no centro cultural programamos unha sesión de traballo dirixida a tódolas nais e pais que versará arredor da educación en igualdade. Canto é de importante a experiencia e as vivencias na familia para a educación das nosas crianzas? Como se plasma a educación en igualdade no fogar?

Aproveitando que contamos coa exposición Rompe, Xoga en igualdade, cremos interesante traballar os estereotipos de xénero tanto coas crianzas coma cos proxenitores. Para iso, trabállase primeiro co alumnado de ESO e 6º de primaria do CPI de Rodeiro e despois coas nais e pais para poder contrastar as diferentes visións e inquedanzas sobre os roles de xénero, as situación de igualdade ou desigualdade…

Será unha sesión práctica e participativa levada a cabo por Ana Rodriguez, educadora familiar municipal e Noelia Rodríguez, educadora social experta en xénero e igualdade.

Horario: de 17:00h. a 18:30h.

Lugar: centro cultural Manuel Lamazares

Contamos con servizo de coidado das crianzas para aquelas nais e pais que queiran participar.