O vindeiro sábado 12 de abril propoñemos unha actividade para todos os públicos, nenos e maiores, que queiran vir a coñecer o Museo de Pontevedra, nun percorrido polo casco vello da cidade. Guiados por Begoña Lorenzo, veciña de Rodeiro e bolseira neste museo, faremos unha ruta de 2 horas de duración que nos levará a coñecer os 6 edificios que compoñen este museo. Durante a visita prestaráselle unha especial atención as pezas de cerámica procedentes do xacemento arqueolóxico da Vila Romana de Porta de Arcos, recuperadas a comezos dos anos 70 e que están expostas nas salas do Edificio Sarmiento. Ademais coñeceremos outros interesantes tesouros e obras que custodia este museo.
Pola tarde, e para completar a xornada, visitaremos o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro, no que temos a maior e mellor concentración de petroglifos de toda Europa, en cantidade e calidade.
Hora de saída: 09:45 h., da Praza do Concello.
Ruta polo Museo de Pontevedra: 2 horas ( 11:30/13:30 h.)
A comida do mediodía corre a cargo dos asistentes. Logo do xantar achegarémonos ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro.
Mais información e reservas: ata o 10 de abril na Casa do Concello, no tlf.: 986790009 ou no correo info@rodeiro.gal
Follas de inscrición a disposición dos interesados na Casa do Concello e na descarga asociada.