O pasado 26 de marzo abriuse a convocatoria de axudas para contratar internet vía satélite para os veciños e pemes que non poden acceder a Internet a través de conexións de cando menos 2Mbps mediante outra tecnoloxía.
O programa de axudas establece unha única subvención por enderezo destinada a sufragar os gastos de instalación así como o custo do router wifi, cunha contía máxima de 150 euros e condicionado á contratación dun servizo de cando menos 2Mbps cun período de permanencia de doce meses.
As persoas interesadas na contratación deste servizo poden facelo a través de calquera das empresas acreditadas como entidades colaboradoras pola Xunta de Galicia, que podedes consultar na descarga asociada.
O prazo para a solicitude rematará o día 30 de agosto.
Se está interesado en máis información pode poñerse en contacto coa Oficina de Banda Larga a través da dirección de correo electrónico oficina.bandalarga@xunta.es ou chamando ao 981 95 78 68, en horario de luns a venres de 9:00 a 15:00h.
Tamén poderán pedir máis información acerca desta e doutras axudas, así como asesoramento para a instalación de Internet, no Concello de Rodeiro, no correo electrónico info@rodeiro.gal ou chamando ao 986790009.