Entre os días 7 e 14 de abril do corrente, ambos inclusive, estará aberto no Concello o servizo de consulta do censo electoral para as vindeiras eleccións ao Parlamento Europeo do día 25 de maio de 2014.
Durante dito prazo poderanse formular reclamacións contra a inclusión ou exclusión no censo electoral. As consultas e reclamacións, no seu caso, deberán facerse persoalmente na Secretaría do Concello e deberase achegar fotocopia do DNI ou documento equivalente que inclúa fotografía (pasaporte, permiso de conducir, etc.).
Recoméndase a todos os veciños (de xeito especial aos que exercen por primeira vez o seu dereito de voto neste Concello, aos que cambiaran de domicilio nos últimos meses e aos que non reciban a tarxeta censual) que comproben a súa inscrición no Concello, ao obxecto de que poidan exercer o seu dereito ao voto nas eleccións do día 25 de maio.
Para calquera información relativa a dito proceso electoral poderán consultar o enlace http://elecciones.interior.es/