A empresa Contenur Española S.L. rematou os traballos de instalación de dúas áreas infantís e unha área de práctica deportiva no núcleo urbano de Rodeiro. As dúas áreas infantís están situadas ao carón da piscina e do palco municipal e a de práctica deportiva está situada por detrás da Casa do Concello. As áreas instaláronse a través dun convenio coa Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a inversión realizada ascendeu á cantidade de 86.682,69 €, dos cales 64.440,00 € foron aportados pola Deputación e 22.242,69 € a cargo de fondos municipais.