– APROBACIÓN DOS BORRADORES DAS ACTAS DAS SESIÓNS ANTERIORES.
Aprobáronse por unanimidade.
– MOCIÓN DO GRUPO MUNCIPAL MIXTO SOBRE SUPRESIÓN DA TARIFA ELÉCTRICA NOCTURNA.
Aprobouse por unanimidade.
– MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL MIXTO SOBRE INTEGRACIÓN DO PAI NA REDE DE GALESCOLAS.
Aprobouse por sete votos a favor (grupos municipais socialista, Independentes de Rodeiro e mixto) e tres abstencións (grupo municipal do Partido Popular).
– MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA SOBRE O DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES.
Aprobouse por cinco votos a favor (grupo municipal socialista e Sr. García Deza) e cinco abstencións (grupos municipais do Partido Popular, mixto e Sr. alcalde).
– MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR SOBRE A SUPRESIÓN DO CORREO NO RURAL.
Aprobouse por unanimidade.
– MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR SOBRE O CANON DIXITAL.
Rexeitouse a urxencia.
– MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR SOBRE A MELLORA DOS SERVIZOS PROPORCIONADOS NO CENTRO DE SAÚDE DE RODEIRO.
Foi retirada polo grupo propoñente.
– MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL MIXTO SOBRE A NEGATIVA Á APROBACIÓN DO PXOM.
Foi retirada polo grupo propoñente.