Con data 27 de febreiro do corrente o Sr. alcalde Don Manuel Salgado e o Sr. conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Don Manuel Vázquez asinaron un convenio de colaboración polo que a Consellería financiará, cun importe máximo de 120.000,00 €, a adquisición dun novo camión de recollida de residuos urbanos no Concello de Rodeiro. En datas vindeiras procederase polo Concello á licitación pública por concurso para a súa adquisición.