O Concello de Rodeiro organiza unha actividade cultural o vindeiro día 1 de agosto ás 20:00 horas no Centro Cultural Municipal. O grupo Redrum Teatro representará a obra de teatro titulada “#2Pilgrims”.
Sinopse. Lembrades a Sheyla Fariña e a Guillermo Carbajo? Probablemente non. Pero nalgún momento das súas vidas foron persoas recoñecidas polos seus traballos na televisión. Ela protagonizou a serie Acacias 38, e el foi o neno de Pratos Combinados. Agora as súas carreiras están acabadas. Vivimos nun mundo caótico e imprevisible pero grazas a globalización, ás redes sociais, a Netflix e a un ditador psicópata, quizais lles quede unha última oportunidade que retornar a ese firmamento de estrelas da TVG. O Camiño de Santiago, a igualdade e as novas masculinidades serán os temas principais do proxecto #2Pilgrims, unha aventura cativadora que poderá catapultar as súas carreiras á actualidade internacional.
É un espectáculo sorprendente para gozar en familia. Conta con prazas limitadas polo que é preciso inscribirse previamente na Biblioteca municipal.
Esta actividade está organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Rodeiro.