
A Concellería de Cultura presenta a programación cultural que se vai levar a cabo no mes de agosto. Cine na rúa, teatro, contacontos, maxia e actuacións musicais son actividades variadas para todos os públicos, ademais de continuar co programa Concilia e Actividades de verán campamento para os máis cativos. Todos os venres haberá unha posta en escea diferente e variada. Disfrutemos con responsabilidade.