Skip to main content
Novas

Musigal 2021 Heredeiros da Crus “Xira Angústica”

By 20 Xullo, 2021No Comments

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural o vindeiro día 30 de xullo ás 23.00 horas na Avda. Gumersindo Areán. Tras un ano de inactividade, o grupo de rock Heredeiros da Crus volve aos escenarios coa súa “Xira Angústica”, unha proposta fóra dos seus estándares habituais, que sitúa á banda nun marco acústico onde realiza unha revisión do seu repertorio.

Esta actividade levarase a cabo baixo o protocolo oficial establecido para os concertos de música e conta con aforo máximo. É preciso obter unha entrada (gratuíta) para asistir, inscribíndose no enlace do concerto na páxina web do Concello de Rodeiro www.rodeiro.gal

Esta actividade forma parte do Programa Musigal 2021, organizado polo Concello de Rodeiro e a Deputación Provincial de Pontevedra. Este programa ponse en marcha para contribuír á difusión e á promoción da música galega e en galego nos concellos da provincia de Pontevedra e fomentar o uso e a normalización social da lingua galega e a defenda dos valores da igualdade de xénero.

Reserva aquí a túa entrada.