Comunícase a todos os interesados na concentración parcelaria da zona de Val de Camba (parroquias de Río, Camba, Santa Baia de Camba e Fafián) que o trazado da rede de camiños estará exposto ao público aos efectos de consulta e para formular, no seu caso, as observacións ou alegacións debidamente motivadas que resulten pertinentes, nas condicións seguintes :
– Lugar de exposición ao público da planimetría : Casa do Concello de Rodeiro. Asemade, os planos poderán consultarse e descargarse, no seu caso, no enlace anexo.
– Prazo de exposición e alegacións : Do día 27 de setembro ao día 30 de outubro, ambos inclusive.
– Lugar de presentación das observacións e/ou alegacións : As alegacións e/ou observacións ao trazado da rede de camiños deberán ser dirixidas á Consellería do Medio Rural e do Mar, na seguinte dirección :
Consellería do Medio Rural e do Mar
Xefatura Territorial
Servizo de Infraestruturas Agrarias
Avda. Fernández Ladreda, 43-2º andar
36071 PONTEVEDRA
– Lugar de presentación das observacións e/ou alegacións : Poderán presentarse por calquera medio admitido en dereito e asemade a través do portelo único existente no Concello de Rodeiro. Os interesados poden utilizar, no seu caso, o modelo que se facilita na descarga anexa.
Aviso da exposición da rede de camiños de concentración parcelaria da zona de Val de Camba (350 Kb)
Modelo de alegacións proxecto de camiños (45 Kb)
Proxecto de camiños de concentración parcelaria – Santa Baia (1.9 Mb)
Proxecto de camiños de concentración parcelaria – Camba, Río e Fafián (5.1 Mb)