O Concello de Rodeiro organiza unha xornada de contacontos con música baixo o título de Mira cómo cho conto!!, por Xanela Ocio e Animación de Melide. Terá lugar o vindeiro día 30 de setembro ás 11:15 horas no Centro Cultural Municipal. Mira cómo cho conto!! trata de ilustrar un conto ao mesmo tempo que se está a escoitar para facerse unha Idea mais ampla do que está a ocorrer. Irá acompañado de música para ambientar as situación.
Esta actividade forma parte do Programa Ler conta moito 2013, organizado polo Concello de Rodeiro e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.