Skip to main content
Novas

Campaña de recollida de roupa usada

By 3 Outubro, 2013No Comments

Un ano máis o Concello de Rodeiro colabora coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí na campaña coa que pretende recadar diñeiro mediante a recollida de roupa usada para o financiamento de proxectos de carácter humanitario e do programa de Vacacións en Paz.
Recóllese todo tipo de roupa e calzado usados, con un estado de conservación aceptable.
A campaña dura ata finais do presente ano e o lugar de recollida de roupa no Concello de Rodeiro será a Casa da Cultura.
Calquera veciño/a interesado/a en colaborar pode levar a roupa, calzado… para doar á Casa da Cultura ata o vindeiro 13 de decembro en horario de 09:00 h. a 13:30 h. pola mañá e de 16:00 a 19:00 h. pola tarde de luns a venres.

Para recibir máis información ou resolver dúbidas, contactar con Ana, educadora familiar:
Tfno.: 986790185
E- mail: educadora@rodeiro.gal

Leave a Reply