Skip to main content
Novas

Proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia 2012-2013

By 8 Xuño, 2012No Comments

Na xunta de goberno local do pasado día 06.06.2012 acordouse aprobar a solicitude de 4 proxectos ao abeiro da convocatoria de AGADER aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia 2012-2013.

Os catro proxectos solicitados denomínanse:

1 Acondicionamento de local para información turística e recepción de visitantes.

2 Mellora dos vestiarios do campo de fútbol de Rodeiro.

3 Deseño e creación da imaxe corporativa para a promoción do turismo en Rodeiro.

4 Construcción dunha pista de padel .

A totalidade dos proxectos contan cun orzamento global de 168.000€, o que se atopa dentro dos importes máximos subvencionables nesta convocatoria.

Leave a Reply