O Concello de Rodeiro na X.G.L. do pasado día 6 de xuño acordou solicitar con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, na liña de subvencións en concorrencia non competitiva un proxecto de melloras ambientais no Concello de Rodeiro que inclúe as seguintes actuacións:
– Mellora de abastecemento no lugar de Suime – Santa Mariña de Pescoso.
– Mellora de abastecemento de auga en Rodeiro
– Aforro e eficiencia enerxética no Centro Cultural Manuel Lamazares
– Adquisición de material de obra para a mellora ambiental do punto de acopio de plástico agrícola de Guillar
– Gastos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á proteccion do medio ambiente.
O importe total das actuacións da liña en concorrencia non competitiva ascende a 63.354,34 €,
Por outra banda, dentro da liña de subvencións en concorrencia competitiva, a X.G.L. acordou solicitar axuda para o “Proxecto de recuperación de espazos degradados”.