Ímonos de 3ª Ruta Rodeiro de Tapas este fin de semana. Esperámoste nunha terceira cita este sábado e domingo nos establecementos participantes coa intención de saborear os mellores manxares da nosa terra.
Nunha terceira Ruta de Rodeiro de Tapas só esperamos volver conseguir os obxectivos marcados para poder consolidar este concurso e facer del unha ferramenta de promoción turística xunto con outras xornadas.
Seguindo as bases da iniciativa” Rodeiro de tapas”, a mellor tapa terá premio. Para iso contamos coa presenza de diferentes profesionais do sector e colaboradores no evento como membros do xurado para a valoración na elaboración, calidade e presentación das tapas.
A elección da mellor tapa será unha media ponderada entre a valoración do público utilizando os cupóns de votación depositados nas furnas en cada establecemento , e a feita polos membros do xurado designado para a ocasión. A porcentaxe de puntuación será 60-40, respectivamente.