TIC Emprendes é un proxecto co financiado polo Fondo Social Europeo e a Deputación de Pontevedra. Está dirixido a afrontar o despoboamento de zonas rurais a través da formación, autoemprego e emprendemento da xuventude. Poranse en marcha 26 accións formativas distribuídas entre 31 municipios da provincia, que se agrupan en 11 itinerarios formativos de 125 horas de duración. Os contidos da formación estrutúranse en torno a:
- 100 horas de formación específica en 4 dos sectores con maior crecemento e demanda nos últimos anos como tecnoloxías da información e comunicación, turismo, ocio y hostelería.
- Formación en autoemprego/creación de empresas.
- Tutorías de orientación profesional e inserción laboral (elaboración de perfil formativo y profesional; acompañamiento para inserción laboral).
Destinado a:
- Mozos e mozas entre 16 e 30 anos.
- Non ocupados nin integrados no sistema educativo ou de formación.
- Inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
- Residentes en algún dos municipios que forman parte do proxecto.
A acción formativa conta con bolsa de desprazamento de 13,45€/día.
Para máis información podes consultar o seguinte enlace https://www.depo.gal/es/tic-emprendes contactar a través do teléfono 986 804 100 extensión 57317 ou informarte no Servizo de Educación Familiar do concello.