Skip to main content
Novas

Transporte institucional gratuíto para as Eleccións ao Parlamento de Galicia do día 12 de xullo de 2020

By 8 Xullo, 2020No Comments

A Xunta de Galicia, á solicitude do Concello, dispuxo habilitar un transporte institucional gratuíto a través de tres microbuses para que os/as electores/as que o desexen poidan utilizalo para desprazarse ao seu colexio electoral aos efectos de exercer o seu dereito ao voto nas Eleccións ao Parlamento de Galicia do vindeiro domingo día 12 de xullo do corrente.

Os horarios e itinerarios figuran no Bando da Alcaldía anexo. Os percorridos de volta serán os mesmos cos de ida pero á inversa e iniciaranse unha vez teñan votado todos/as os/as pasaxeiros/as.

Publicación bando transporte 2020 (pdf)