Skip to main content
Novas

Programa xuntos polo Nadal 2023

By 17 Novembro, 2023No Comments

Este ano ao igual que en anteriores,  preténdese levar a cabo o Programa “ Xuntos polo Nadal ”; orientado ás persoas maiores (de 60 anos en adiante), que valéndose por sí mesmas e contando con escasos recursos económicos, vaian a pasar en soidade as festas de Nadal.

Deste xeito, terán a posibilidade de desfrutar duns días de vacacións totalmente gratuítas entre o 24 de Decembro e o 7 de Xaneiro de 2024, e así poder compartir estas datas tan entrañables, nun clima de convivencia e participación, xunto con outras persoas que se atopen nas mesmas circunstancias.

Para os solicitantes da provincia de Pontevedra, ofrécense prazas  na Residencia de Tempo Libre de Panxón en Nigrán.

A documentación a presentar para poder participar en ”Xuntos polo Nadal”, é a seguinte:

  • DN.I e Tarxeta Sanitaria

O prazo de presentación de solicitudes, rematará o vindeiro 8 de Decembro  de 2023