Skip to main content
Novas

As primeiras sementes da igualdade: a coeducación

By 15 Novembro, 2023No Comments

Actividade cofinanciada pola Deputación de Pontevedra
Dentro da actividade “As primeiras sementes da Igualdade” mañá xoves desenvolverase a última sesión deste proxecto que se centrará en reflexionar sobre a coeducación e como se leva a cabo na práctica da educación dos nenos e das nenas. Indicaranse exemplos e estratexicas para educar dende a corresponsabilidade.
O obradoiro será o xoves día 16 de novembro ás 16:30h. no salón de actos da Casa da Cultura e está dirixido a familias con crianzas de ata 6 anos de idade.
A profesional encargada da formación será unha psicóloga experta en igualdade de xénero da empresa Retnova Proxectia Consulting.
Contaremos con servizo de atención ás crianzas para aquelas nais e pais que desexen asistir.